Eu quero tocarte, María.
Fai frío onde non estás.
Quéntame un pouco
ca túa pel dourada
que reluce co sol.
Eu quero que me acaricies un pouco, lentamente, só un momento para gravar as túas mans sobre o meu corpo e borrar as súas para sempre
Fai frío neste mar onde non estás, María.
Estou espido
teño sede de ti
fai moito frío, María
quédate, agárrame.
Quero afundir na túa espiral
Comentarios
Publicar un comentario